Pazos levou a moción antitaurina ao pleno como concelleiro de Cultura por Alternativa Canguesa de Esquerdas.
-¿Por que o fixo?
-Recollemos a tea dos colectivos antitaurinos ao considerar que a festa dos touros é un espectáculo cruel baseado no maltrato animal. Retrotráenos a tempos pretéritos da caza como sustento, pero o mundo avanzou. Ademais, aquí non hai festa nacional, no sentido pexorativo de Rosa Díez.
-¿Por un concepto cultural?
-Porque a relación nosa co boi e a vaca foi sempre de traballo, non de espectáculo, que é algo importado doutra cultura por unha pequena burguesía que só pretende imitar comportamentos capitalinos. -¿Por que prohibe os touros un concello no que xamais os houbo? -Hai como vinte anos si que houbo prazas desmontables. Prohibímolos porque non queremos que os volva a haber. Ademais, ¿non hai concellos antinucleares sen centrais? Pero é certo, estaría aínda mellor que os prohibiran en Pontevedra, con mais tradición. Eles deberían ter o honor de seren os primeiros. -¿Estamos no camiño de Cataluña? -Gustaríame que aquí houbese tamén unha iniciativa lexislativa popular