A oenegué Ecos do Sur ampliou o servizo de asesoramento xurídico-laboral a inmigrantes e emigrantes retornados no concello de Negreira e zonas próximas, o cal estase prestando no Centro de Información ás Mulleres (CIM), todos os martes e xoves de 10 a 13 horas, dentro dun programa subvencionado polo Concello, a Secretaría Xeral de Inmigración e o Ministerio de Traballo e Inmigración.
Este servizo está sendo prestado polo responsable do Centro de Información e Atención ó Inmigrante (CIAI), un licenciado en Dereito especializado en Extranxeiría e Dereito Administrativo, sendo o encargado de realizar a acollida por medio dunha entrevista persoal a todos os inmigrantes e emigrantes retornados que acoden por primeira vez a este servizo. Valóranse as súas necesidades, co obxectivo de ofertar vías para a resolución das mesmas, segundo informan, sempre en coordinación cos servizos municipais e da Xunta de Galicia.