17 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Cando Tolkien entrou en posesión do dicionario, en 1923, faltaban aínda 13 anos para que publicase O Hobbit e 31 para o inicio de O señor dos aneis. Parece pouco probable que o escritor buscase inspiración no Valladares. Moisés Barcia, tradutor destes libros ao galego, non atopou no seu proceso de traballo indicios que apuntasen nesa dirección. Neses libros Tolkien creou as súas propias linguas, unha afección á que se dedicaba dende neno, cando inventou o naffarin, que bebía do latín e do español e do que só sobrevive unha frase, da que se descoñece o significado: «Naffarínos cutá vu navru cangor luttos ca vúna tiéranar, dana maga tíer ce vru encá vún? farta once ya merúta vúna maxt? amámen».