Comeza hoxe e durará ata o vindeiro 6 de decembro.
28 nov 2009 . Actualizado a las 02:46 h.Hoxe comeza en Guadalajara, México, a Feria Internacional del Libro, un dos eventos editoriais máis importantes do mundo. Esta feira, de especial importancia para o mundo hispano, contará cunha representación galega na que participan 17 editoriais e tres autores e da que forman parte tamén o presidente dos editores galegos e mais o director xeral de Cultura, Francisco López.
A feira, que comeza hoxe e durará ata o vindeiro 6 de decembro, contará coa presenza no espazo que comporten a asociación de editores e mais a Consellería de Cultura da Editorial Ideas Propias, Nova Galicia Edicións, Galaxia, Xerais, Baía, Edicións Rodeira, Ir Indo, Edicións Obradoiro, Edicións Espiral Maior, Kalandraka, Faktoría K, OQO Editora, Edicións Tambre, Biblos Clube de Lectura, Edicións do Cumio, Alvarellos Editora e 3C3.
Fina Casalderrey, Manuel Rivas e Alfredo Conde son os escritores galegos invitados a participar nas distintas actividades deste evento. Está prevista unha mesa redonda sobre a edición independente na que participarán editores galegos e mexicanos. Xosé Ballesteros, Francisco Villegas, e Víctor Freixanes por parte da representación galega.