Lago Pereira recolleu o premio O Barco de Vapor

C.P. SANTIAGO

VIGO CIUDAD

ÁLVARO BALLESTEROS

A novela galardoada pola Fundación Santa María é «Alén das estrelamares» As aventuras dun centolo da ría de Vigo téceas Xoán Xosé Lago Pereira (Ponteareas, 1967) na novela xuvenil «Alén das estrelamares», gañadora do premio O Barco de Vapor 2000, dotado cun millón de pesetas (6.000 euros). A obra, editada por SM, presentárona o autor e os responsables da Fundación Santa María, convocante do certame en lengua galega dende hai dezesete anos.

27 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A novela Alén das estrelamares é a primeira que publica Xoán Xosé Lago Pereira, para quen O Barco de Vapor non é tanto unha lanzadeira literaria coma «unha salvación, porque me chegou nun momento no que me rendía despois de dez anos escribindo sen ver publicado nada». Pero as fadas parece que existen, porque este ponteareano de adopción, fillo de emigrantes galegos nacido na rexión alemana de Westfalia e criado en Vigo dende os dous anos, reescribiu para o público xuvenil o manuscrito dunha novela para adultos que non lle convencía moito, «porque parecíame insustancial para persoas maiores». Tampouco pensara presentala a este premio, senón a outro que non desvelou e ó que non chegou a tempo. E escribiuna en galego, «cando habitualmente fágoo en castelán». Á presentación da obra asistiron autores de SM como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Gloria Sánchez, Luisa Castro e Pepe Carballude.