O pavillón municipal de deportes será o escenario no que 17 agrupacións de distintos puntos da comarca ofrecerán as súas actuacións
11 ene 2026 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe 17.00 horas • Pavillón Municipal • O Concello do Porriño celebra este domingo unha nova edición do seu Certame de Rondallas, unha cita xa consolidada no calendario cultural do municipio que supón o broche final á programación de Nadal.
O pavillón municipal de deportes será o escenario no que 17 agrupacións de distintos puntos da comarca ofrecerán as súas actuacións. Cada rondalla disporá dun máximo de 12 minutos para a súa actuación. O tempo comezará a contabilizarse coa interpretación da primeira peza e rematará cando o último compoñente abandone a pista. Nesta edición participarán, por orde de actuación, a Rondalla Santa Eulalia (Mos), Ventosela (Redondela), a Asociación O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), Airiños da Lagoa de Baíña (Baiona), CSCR de Beade (Vigo), Asociación Veciñal, Cultural San Mamede de Zamáns (Vigo), Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo), SCDR Helios de Bembrive (Vigo), Centro Cultural A Merced de Chaín (Gondomar), Asociación de Veciños do Galiñeiro de Vincios (Gondomar), Club Santiaguiño de Guizán, Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville, Asociación Centro Recreativo e Cultural de Torroso e Santiago de Parada. Xunto a elas, as formacións anfitrioas: a Asociación Cultural e Musical Rondalla de Pontellas, Santa María do Porriño e, pechando o certame, Santa Eulalia de Atios. Se non chove, ás 16.15 sairán desde o Centro Cívico.