Homenaxe a María Xosé Queixán

La Voz VIGO

VIGO

XOAN CARLOS GIL

A Academia Galega leva o acto ao Marco

17 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

18.30 horas • Príncipe, 54 • A Real Academia Galega dedícalle o Día da Poesía 2026 a María Xosé Queizán. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle hoxe un recital de homenaxe á autora, escritora de excepcional pulo creativo e referente imprescindible do pensamento e da práctica feminista, no que unha ducia de escritoras e escritores dialogarán con versos da súa autoría.

 

A celebración inclúe ademais a loanza de Queizán a cargo da académica Margarita Ledo Andión e unha actuación musical de Uxía.

O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e a directora da Sección de Literatura, Marilar Aleixandre, abrirán o acto, de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A cita, organizada co apoio da Deputación de Pontevedra, poderá seguirse tamén en directo desde o portal academia.gal.