Uxía acompaña a presentación do libro sobre Begoña Caamaño de Ramón Nicolás

La Voz

VIGO

Uxía y Begoña Caamaño, en una imagen que se puede ver en el portal de la RAG.
Uxía y Begoña Caamaño, en una imagen que se puede ver en el portal de la RAG. RAG

A libraría Cartabón acolle a presentación de A nena que perdeu un zapato na lama

25 feb 2026 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 20.00 horas • Librería Cartabón (Urzaiz, 125) • A libraría Cartabón acolle a presentación de A nena que perdeu un zapato na lama, de Ramón Nicolás, ilustrado por Carlos Gallego. É un libro que revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, onde se mestura a memoria, a biografía, a historia e a ficción, que se brinda como unha oportunidade para reconstruír, e reivindicar, os primeiros anos de Begoña Caamaño. Acompañando o autor e o ilustrador estarán Beatriz Caamaño, irmá da homenaxeada nas Letras Galegas 2026, e a cantante Uxía.