Marcelino Agís presentou o seu traballo na Casa Galega da Cultura
04 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Casa Galega da Cultura acolleu onte a presentación do libro Xaime Isla Couto: entre a Galiza Ceibe e o Veceremos Nós. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía 1969, de Marcelino Agís Villaverde e coeditado por SEPT e a Fundación Isla Couto coa colaboración da Fundación Penzol.
A obra aborda os feitos acaecidos na misa en lembranza de Rosalía de Castro, celebrada en San Domingos de Bonaval en 1969, acto relixioso e poético que se viña celebrando desde 1932. O de 1969 marcaría un feito diferencial pola detención e procesamento de Xaime Isla Couto, respectado avogado, profesor na Escola de Enxeñeiros Técnicos de Vigo e intelectual galeguista vinculado ao proxecto cultural e político da Editorial Galaxia. O éxito de Xaime Isla no proceso xudicial foi tamén un triunfo do galeguismo. No acto interviron Manuel Puga, presidente da Penzol; Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT; Rocío Carolo Tosar, presidenta do Foro Galicia Milenio; e Marcelino Agís Villaverde, autor do libro, padroeiro da Penzol e Isla Couto.