A editorial recibiu varios premios ao longo do pasado ano
02 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.En torno as 25.000 persoas participaron ao logo do ano pasado nas actividades organizadas pola Editorial Galaxia para conmemorar o seu 75 aniversario. Foi un extenso programa cultural desenvolvido ao longo de todo o territorio galego baixo o lema Crear porvir, no se que combinou memoria, reflexión, creación e proxección de futuro.
Entre as iniciativas centrais destacou a exposición itinerante Crear porvir. 75º aniversario Editorial Galaxia (1950?2025), comisariada por Henrique Monteagudo, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, un desafío para presentar sete décadas de historia. A mostra aínda pódese ver na Sede Afundación de Vigo até o 10 de xaneiro.
Ao longo do 2025 Galaxia foi premiada con diferentes galardóns, como o Premio Cunqueiriana de Honra 2025 do Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, o Premio Trasalba outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, ou a Medalla de Ouro da Universidade de Vigo.