Verbena con Festicultores nun carro amplificado en Santa María de Oia

La Voz

VIGO

Sandra Alonso

Festicultores Troupe é unha banda con 17 anos de historia e máis de 800 actuacións ás súas costas por Portugal, Francia, Serbia ou Polonia, ademais de España

28 sep 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 20.00 horas • Gratis • A Deputación de Pontevedra leva a Oia un concerto de Festicultores Troupe enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Parroquia de Santa María de Oia. Festicultores Troupe é unha banda con 17 anos de historia e máis de 800 actuacións ás súas costas por Portugal, Francia, Serbia ou Polonia, ademais de España, nas que tamén compartiron escenario con artistas como Manu Chao, Radio Bemba, Sound System, Muchachito ou Macaco. No seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, a agrupación converte cada festival ou verbena na mellor pista de baile.