Reclama tamén a reprobación do alcalde
25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O PP levará ao pleno do luns unha moción para pedir a reprobación do alcalde, Abel Caballero, e o cese da concelleira de Festas e Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, pola prohibición encuberta das atraccións de feira nas festas de Vigo. O PSOE rexeitou no último pleno debater unha moción de urxencia. Agora, o portavoz municipal dos populares, Miguel Martín, di que van «obrigalos a dar a cara e ofrecer as explicacións que lle deben á cidade». Para o concelleiro, non se trata dunha cuestión técnica, senón dunha decisión política que levou a boicotear as festas, dixo. «O goberno de Abel Caballero está poñendo en risco a supervivencia futura das festas», dixo Martín, que se pregunta «que pasará o vindeiro ano en Coia e Bouzas».