A asociación Évame Oroza acolle a presentación do poemario Pido unha patria ao mundo, de Celso Emilio Ferreiro, un libro que rescata poemas dispersos e esquecidos do poeta galego
08 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe 20.00 horas • Subida á Costa, 5 • A asociación Évame Oroza acolle a presentación do poemario Pido unha patria ao mundo, de Celso Emilio Ferreiro, un libro que rescata poemas dispersos e esquecidos do poeta galego, ofrecendo unha nova perspectiva sobre a súa escrita en galego. No acto participarán Xabier Ferreiro (fillo de Celso Emilio); o editor Xabier Romero e a xornalista e escritora María Xosé Porteiro. Ademais, Pedro Román e Pablo Vila musicalizarán textos do poeta.