O Marco reabre as súas portas

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

As exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido xa se poden visitar no primero andar do museo

17 feb 2021 . Actualizado a las 23:55 h.

A partires de hoxe, 17 de febreiro, e de acordo coas medidas dictadas polas autoridades sanitarias, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo reabriu as súas portas ao público. O Marco retoma así as actividades presenciais sen superar o 30 % da capacidaade máximo permitida.

Os responsables do museo explicaron que, ao tempo que se prepara a renovación do programa expositivo a finais de marzo coa mostra «4 Proxectos» (de Mónica Alonso, Mar Vicente, Salvador & Juan Cidrás, Rosendo Cid), que suporá a reapertura dos espazos da planta baixa, continúan activas ata o 4 de abril as exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido nas salas do 1º andar.

As visitas virtuais ás exposicións, en calquera caso, continúan a ser posibles a través da App Vigo. A aplicación permite volver a percorrer os espazos e gozar das obras nas propias salas. Tamén se retom a modalidade presencial nos cursos, conferencias e máis o clube de lectura #BiblioMARCO.

Os visitantes teñen que cumplir as medidas anticovid: uso de máscara, hixiene de mans e distancia interpersoal. «Nas visitas guiadas, o número de participantes non poderá superar as 4 persoas, excluíndo o guía ou persoal de salas, e garantindo en todo momento a distancia de seguridade. Respecto a cursos e conferencias no salón de actos, o número máximo de participantes é de 35 persoas, determinado polas dimensións da sala e o cálculo dunha distancia interpersoal de 1,5 metros nas catro direccións entre asistentes», apuntan dende o propio Marco.