ende a Asociación de Apicultores de Pontevedra e a Agrupación Apícola de Galicia, xa tiñamos coñecemento desta avespa pola súa incidencia en Francia, país xa completamente invadido por esta especie con efectos altamente prexudiciais tanto para as abellas como para a biodiversidade, a agricultura e a sociedade en xeral. Este ano notouse un retraso na súa presenza, o cal deu un pouco de tranquilidade os abelleiros nos meses de xuño e xullo, pero o seu avance cara ao interior non se veu minguado. Xa ten presenza en case todos os municipios de A Coruña e Pontevedra.
Afectan ao porvir das nosas colmeas, xa que, como nas guerras da Idade Media, o asedio fai que as abellas vaian acabando coas provisións que teñen, a raíña poña menos ovos e as crías non dispoñan de alimento fresco. Isto leva a un enfraquecemento da colmea e a que as abellas saian o campo desesperadas e debilitadas, sendo presas fáciles. A avespa velutina cambiará os traballos dos abelleiros. Queda unha longa investigación e aprendizaxe. Pouco coñecemos da súa bioloxía e comportamento. Aínda non sabemos diferenciar as novas raíñas das obreiras, cal e o ciclo de zánganos, canto viven, canto recorren ou cal é o seu radio de caza real.
C