As «Leis do Xadrez» xa se poden aprender en galego

A primeira tradución do manual vai acompañada dun plan para introducir o xogo na escolas


vigo / la voz

Os aprendices de xadrez xa poden estudar as normas que rexen este xogo de estratexia en galego. A editorial viguesa Estela presentou onte no Museo do Mar o primeiro manual en galego das Leis do Xadrez que a Federación Internacional aprobou por primeira vez en 2008 para unificar a normativa.

A tradución é obra de Miguel Ángel Fernández Martínez, biólogo e monitor deste xogo que creou a asociación Xadrez, Trebellos e Educación para impulsar a súa introdución nas escolas ao decatarse de que moitas non o ofrecen entre a súas actividades.

Pero a iniciativa editorial vai máis alá, porque según explica o director da editorial e filólogo Anxo X. Rajó, «a intención é sentar as bases para a incorporación do xadrez no sistema educativo, formando aos nenos e incluso aos propios mestres». Para iso convidaron a representantes da Federación de Pais, do deporte escolar e directores de colexios nun acto previo á presentación en sí, que correu a cargo do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que firma o limiar e nel lembra que existen manuais de xadrez desde os tempos del Alfonso X. Rajó tamén avanza que teñen concertadas reunións con responsables da consellería de Educación, pero por conversas previas e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística pensan que «hai moitas posibilidades de lograr o obxectivo. O xadrez é unha ferramenta pedagóxica muy útil», advirte.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

As «Leis do Xadrez» xa se poden aprender en galego