«Agora é mais doado camiñar polo barrio histórico porque está bonito»

Xulio Vázquez

VIGO

15 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

«Paseino moi ben, malia a forte choiva na noite do venres que caeu sobre a cidade, pero algo me mollei disfruntando do premio», manifestou onte Lucía Diego Martínez. Foi a sexta gañadora do sorteo Percorridos polo Casco Vello, que puxo en marcha La Voz de Galicia coa colaboración de Tenencia de Alcaldía.

O que mais lle satisfixo foi a comodidade que atopou no hotel Puerta Gamboa. Causoulle moita graza cando se percatou de que dentro da habitación se atopaba unha cheminea. «Era moi curriña, pero soamente facía funcións decorativas, posto que no estaba prendida. Tamén nos deron nun almorzo de maña con biscoito caseiro. Resultounos todo moi doado», sinala.

Para cear, decantouse polo restaurante Capitán. «Foi un menú a base de marisco e polbo, regado cun bo viño. Tampouco nos faltou o postre», relata.

Estivo acompañada do seu noivo. E vai si o tivo en conta para mercar os agasallos. «Como eu me atopaba indecisa a hora de facer a compra, foi el quen se aproveitou para mercar unhas botas de facer sendeirismo, a maiores dunhas espinilleiras para xogar o fútbol. Eu me decantei o final pola compra dun bolso. Toda a compra a fixemos na tenda de deportes Guay», comenta.

Lucía Diego ten 25 anos e traballa no Centro Comercial Gran Vía, no departamento de información a atención ao cliente. Solo leva catro meses neste emprego. Con anterioridade, xa prestara os seus servizos na hostalería e no comercio.

Referíndose ao percorrido polo barrio histórico da cidade, di que a única mágoa foi a forte choiva. «Fíxonos chegar un pouquiño tarde a cea, porque nos mollamos algo cando saía do aparcamento», comenta con certo humor.

A primeira caña saboreárona en Vinotales, mentres que para a segunda consumición elixiron A Coruxa. Para tomar a copa se dirixiron ao local Alta Fidelidad.

Gústanlle os concursos

A esta xove sempre lle gustaron os concursos. De feito, xa tiña participado outras veces, pero o mellor premio foi este que obtivo no sorteo de La Voz de Galicia. «Gañei outro do Concello de Vigo, organizado pola Casa da Xuventude. Pero no o disfrutei, porque me pagaban o desprazamento en tren para viaxar gratis por varios países de Europa, pero no tiña tempo de facer o viaxe e deixeino para outro concursante», explica.

Adícalle eloxios ao Casco Vello. «Agora é moito mais doado pasear por esa zoa da cidade. Coas obras que están facendo se está rehabilitando. É moi importante para atraer ao turismo, porque é un percorrido obrigatorio que fai a xente que nos visita», argumenta.

«Eu vexo moi bonito. O que no sabía era que fose tan grande. Déronme unha lista dos comercios e me sorprendeu, porque pensaba que non habería tantos. Agora vivo en Vigo, pero son de O Rosal. De todos los xeitos, xa teño ido algunha vez por esa zoa, pero nunca me fixara tanto como esta vez que disfrutei do premio», recoñece.