A programación oficial comeza hoxe coa lectura de poemas en diferentes rúas da cidade

La Voz

VIGO

16 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Os actos oficiais do Día das Letras Galegas comezan hoxe coa lectura na rúa de textos das tres únicas mulleres ás que se lle dedicou un Día das letras Galegas (Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño) en diferentes puntos da cidade, entre as 11 e as 13 horas. Pola mañá se proxectará nos Yelmo Cineplex do Centro Comercial Travesía a segunda parte da película de animación O bosque animado: O Espírito do bosque, as 12 horas, aínda que dende as 11 tamén actuarán Bolechas.

A programación de hoxe continúa pola noite cunha actuación musical a cargo de Bod da Rage Sense MC, que revolucionou o hip hop en Portugal e o compositor de reggae en lingua galega Tarú e os Paxaros Coiros, que mestura o seu estilo con soul e jazz. As actuacions terán lugar na Praza dos Ratos do Berbes ás 22 horas.

Domingo

O día 17 ábrese cunha serie de lecturas públicas de textos de Ramon Piñeiro no Museo Verbum de Samil de 10 a 19 horasn. No mesmo lugar interpretarase a obra teatral Señor mundo digame?, ás 12 e as 17 horas, a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

O plato forte do día é o Xantar-Romaría das Letras, de 14 a 16 horas, aproximadamente no parque de Castrelos. Os participantes poderán reservar unha «Cesta das letras» para 4 ou 6 persoas por 56 e 84 euros respectivamente, tamen poderán degustar o pólbo a feira nos postos de polbeiras.

Tras o xantar, no mesmo parque de Castrelos, haberá lecturas das mulleres homenaxeadas no Dia das Letras Galegas, para seguir cunha de actividades, como contacontos, xogos populares ou a proxeccións de filmes para nenos e nenas. A festa rematará con as actuacións das panteiretas de Tear de Llerena e Os Croquetas.

Ademáis das actividades no parque de Castrelos, está prevista a interpretacións de dúas obras de teatro as sete da tarde dentro da programación «Vigo a escena». Por unha banda, a compañía Sísifo actuará no local da AVC San Mamede de Zamáns, e a compañía Lope de Vigo, na AVV CD Santa Mariña de Cabral.