Voz Natura aliarase o vindeiro curso 2009-2010 coa biodiversidade. Sensibilizar á poboación sobre a importancia de frear a perda da biodiversidade nos ecosistemas galegos, co obxectivo de contribuir ás campañas que se están a realizar a nivel mundial para preservar a diversidade ecolóxica, é o eixo desta trece edición do programa que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Por esta razón nesta nova edición valoraranse especialmente as accións de protección de flora e fauna autóctona, recuperación e coidado de ecosistemas e a loita contra o cambio climático. Tamén, como en anos anteriores, terán especial relevancia todas as actuacións que impliquen acción directa sobre o medio natural.
Neste senso, Voz Natura adheriuse xa á iniciativa Cuenta Atrás 2010, auspiciada pola Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza (2009, Año de Darwin).
Ata o 31 de marzo
O prazo de inscripción para os centros educativos de todos os niveis -excepto o universitario-, así como escolas obradoiro e asociacións sociais e ambientais estará aberto ata o 31 de marzo.
Os aspirantes deben presentar os seus proxectos de actuación medioambiental cumprindo un sinxelo formulario que está aloxado na web do programa, (www.voznatura.es) no que poden consultar as bases. Os colexios tamén recibirán a documentación nos vindeiros días.
Será despois da celebración da festa fin de curso deste ano, no mes de xuño, cando a organización do programa faga pública a lista de centros admitidos para o curso 2009-2010. Antes, os responsables do comité científico analizarán todas as propostas e valorarán aspectos como a participación, a implicación de toda a comunidade escolar, os beneficios que o traballo suporá para o contorno, a súa capacidade para implicar axentes diversos, máis alá do recinto escolar, o seu rigor científico entre outros factores. Ademáis, os centros poden plantexar dudas a través da web na sección «Pregunta al comité».
O programa Voz Natura que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre está patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Diputación de A Coruña, e as empresas Sogama, Sogarisa e Leche Celta.
Tamén colaboran na iniciativa a Obra Social da Fundación Caixa Galicia e as empresas Begano-Coca Cola, Coeticor e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.