? alcalde en funcións do Porriño presentará hoxe aos veciños o libro Unha ollada no tempo . Achegamento ao patrimonio fotográfico do Porriño , unha obra que reúne máis de 200 fotografías entre as preto de 3.800 recollidas polo Arquivo Municipal da Imaxe. O organismo, dependente do Concello, leva tres anos traballando nas oito parroquias porriñesas co obxectivo de recoller testemuñas gráficos de todos os veciños. O libro, do que se editarán 2.000 exemplares, está financiado por fondos europeos a través de Agader e do Programa Proder II, e por Caixanova. Pese a que hoxe os veciños poderán coñecer ás 20.00 horas o exemplar no Centro Cultural Municipal, onte o traballo foi presentado aos medios co alcalde en funcións Raúl Francés á cabeza, en compañía entre outros dos coordinadores do libro Fátima R. Sío e Xosé Ramón Iglesias Veiga.