«Se non tivera ilusión non me presentaría»

J. Santos CANGAS

VIGO

Entrevista | José Enrique Sotelo «Manteño unha amizade personal con Cuiña e teño unha magnífica relación co actual presidente, Núñez Feijóo», afirma

24 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

José Enrique Sotelo leva case oito anos de alcalde e dezaseis na corporación, catro deles, na oposición. Afronta agora o desafío de manter outros catro anos a alcaldía. -¿Despois de oito anos mantén aínda a ilusión? -É evidente que a política local cansa e ás veces é ingrata, e nun pobo como o noso, máis aínda, pero cando as cousas costan traballo, conseguilas xenera tamén máis satisfacción. Creo que é eso o que engancha da política local. Se non conservara a ilusión, non me presentaría. Foron precisamente esas dúbidas as que retrasaron a miña decisión de seguir. -¿Que lle ofrece aós veciños? -Un proxecto ilusionante e crible, con fórmulas de financiación. Estou convencido de que podo presentar un proxecto que non só me ilusione a min, senón tamén aos cangueses, e un equipo capaz para levalo adiante. -¿Cales serán os principais eixos dese proxecto? -Vaise basear en tres programas: «Cangas para vivir», «Cangas para traballar» e «Cangas para disfrutar». O primeiro se baseará en actuacións en materia de vivenda e deporte, nunha serie de melloras para que Cangas sexa un polo de atracción. O segundo parte de tres eixos fundamentais: a pesca, o turismo de calidade e a creación dun parque industrial. «Cangas para disfrutar» consistirá en potenciar a programación cultural e de ocio. -Cambiando de tema, ¿como será a candidatura do PP? -Falarei con todos os concelleiros, pero haberá unha renovación. Será unha renovación prudente, con xente nova e xente xove en postos de saída. -¿Cre que o conflicto do Plan Xeral lle pasará factura? -É evidente que foi un dos problemas que viviu o Concello, pero dos erros temos que aprender. Xa o dixen e o reitero: non se vai aprobar nada pola forza. -¿A súa afinidade con Cuiña o coloca no bando perdedor do PP? -Do pouco que podo presumir é de ser amigo ds meus amigos. Manteño unha amizade personal con Cuiña e tamén teño unha magnífica relación con Núñez Feijóo.