Vari Caramés posa en Vigo a súa imprecisa mirada

VIGO

Reportaxe | Fotografía O artista coruñés expón ata o 18 de febreiro un conxunto de instantáneas titulado «Escenarios», no que se empeña en non reproducir a realidade que o rodea

17 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

?acido en Ferrol e residente na Coruña, Vari Caramés é un dos grandes da fotografía en Galicia. De formación autodidacta, en 1980 comeza a súa exitosa traxectoria expositiva, que lle levou a mostrar as súas obras tanto en España como en Portugal, así como en Bos Aires, Londres, París ou Stuttgart. A súa relación con Vigo ven dos tempos da Fotobienal, un proxecto que os políticos locais deixaron morrer sen ningunha compaixón. Agora, Vari Caramés volve en solitario. A sala de exposicións I do Centro Social Caixanova é o lugar onde pódese ver Escenarios, que así chamou o artista a este grupo de imaxes. Desde o tempo dos xogos da infancia segue recorrendo á abstracción para desconectar coa percepción do presente, exenta de beleza na súa opinión. Talvez por iso axúdase da cámara fotográfica para captar imaxes na vida cotiá que non retratan a realidade e resultan extraordinarias e intemporales. As súas obras son como fiestras entendidas como símbolos do mirar, a través das cales podemos avistar lugares situados na «zona imaxinación» onde habitan o misterio, a sorpresa e a maxia. Situacións evanescentes, lugares para a contemplación, chiscadelas impresionistas, atmosferas en cor e branco e negro.. Unha tenue iluminación, a música de jazz de fondo que el mesmo escoita con paixón. A mostra que acolle Escenarios pretende ser, en palabras do propio artista, un bálsamo para o espírito, reconfortar ao espectador con imaxes de carácter autobiográfico, de praias, ceos, choiva cheas de emoción artística. No catálogo, o propio fotógrafo fai a seguinte invitación: «Lugares situados na 'zona imaxinación' onde habitan o misterio, a sorpresa, a maxia. Lugares para a contemplación. Espazos de xogos compartidos, soidades e melancolías, tamén situacións en tránsito, evanescentes que, aínda que non logremos recoñecer de xeito inequívoco o que estamos vendo, temos a estraña sensación de que estamos a punto de facelo espellismos, lugares sempre fronteirizos e por descubrir, chiscadelas impresionistas, atmosferas en cor e branco e negro, acompañadas pola miña banda sonora favorita». La exposición permanecerá abierta al público hasta el 18 de febrero en horario de 18 a 21.30 horas todos los días de la semana, además de en horario de mañana de 11 a 14.00 horas os sábados, domingos e festivos.