O clube de atletismo ultima o duodécimo Maratón comarcal

la voz | tui

VIGO

O Clube Atletismo Tui organiza a duodécima edición do «Maratón do Baixo Miño» que ten a condición de Campionato Galego de Maratón, a celebrar o vindeiro 22 de outubro, con saída en Tui e percorrendo o Concello de Tomiño, e a través da Ponte da amizade, a veciña Vila Nova de Cerveira. Esta é a única proba deste tipo que se celebra en Galicia. Nesta edición presenta unha serie de novidades como o novo percorrido, incluíndo o paso polo veciño país, a través da Ponte da Amizade. A proba comezará en Tui ás 8.30 horas. Os participantes percorrerán un circuito homologado pola Federación, de 42 kilómetros, 195 metros.