Estudiantes de tres concellos poderán coñecer a música tradicional galega

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

? Deputación de Pontevedra financiará durante o recen estreado curso académico unha nova edición do programa escolar que desenvolve o grupo de música tradicional Ardentía. Este novo curso ten como obxectivo proporcionarlles ós nenos e mozos un primeiro contacto cos instrumentos máis típicos do folclore tradicional galego. A programación está conformada por charlas didácticas e demostracións a cargo dos músicos de Ardentía. Con eles, os pequenos poderán achegarse a instrumentos como a requinta, o pito galego, a gaita, a zanfona, o acordeón e distintas formas de percusión. O representante da agrupación Ardentía, que se reuniu onte no Pazo provincial, manifestou a súa satisfacción polo proxecto que considera como unha oportunidade « de poder chegar a tantos escolares para amosarlles todos os instrumentos da música galega». Segundo explicou, se poderá divertirse de conferencias didácticas nas que se tocarán os diferentes instrumentos para que os rapaces poidan apreciar as características e particularidades dos mesmo. Neste senso espera que o programa sirva para que «os instrumentos non lle causen sorpresa ós nenos cando os vexan nalgunha festa popular, ou en calquera outra situación». As programación desenvolveranse nos municipios de As Neves, Salvaterra e O Porriño, xunto a outros tres concellos pontevedreses nos centros públicos As Neves, Felipe de Borbón, Alxén, Chans de Leirado, Antonio Palacios, Atios, Cruz Budiño, José Fernández López e Riveira.