«No meu libro, a cidade de Vigo é un personaxe máis»

Andrea Aira VIGO

VIGO

Entrevista | Domingo Villar O autor estrease simultáneamente nas editoriais Galaxia e Siruela con «Ollos de auga», unha novela policiaca «zarrapicada de viño e ironía» e ambientada en bares de jazz

07 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?omingo Villar (Vigo, 1971) é un autor novel, que debuta con Ollos de auga. Onte presentou a súa obra na Feira do Libro en Vigo. Pertence ao xénero negro e vén de publicarse simultáneamente na editorial Galaxia en galego e en Siruela en castelán. Xa ten tratos avanzados, tamén, para que sexa publicada en Francia, Alemaña e Italia. Esta obra combina suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o seu xénero. -¿Que foi o que lle levou a ambientar o teu relato en Vigo? -Elexin Vigo porque vivo en Madrid e era un xeito de estar de volta anque non estea físicamente aquí, de mergullarme en cheiros e rúas onde pasei a nenez e a mocidade. -¿Non lle dá medo que a historia do seu libro se faga realidade? -Persoalmente penso que iso é pouco probable, sobre todo porque todos os perxonases son ficticios, non tanto como os sitios: Grial ou Manteca son algúns dos locais que eu teño recreado na miña novela, e que alguén que vaia habitualmente pode recoñecer. A cidade no meu libro é un personaxe máis. -¿Que cres que aportan as novelas negras? -A min moito, momentos fantásticos de lectura e unha visión punzante da vida. Hai nomes fundamentais coma Vázquez Montalaban. A súa morte prematura foi unha gran perda para a literatura. Tamén Andrea Cabaleri, que é octoxenario. Ler as súas crónicas é delicioso: as investigacións policiais trascenden para converterse en verdadeiras crónicas sociais. -¿Que novos proxectos ten? -Ollos de auga é a primeira novela de aventura do inspector Leo Caldas. Eu espero darlle máis vidiña, e que as súas aventuras prosigan. -Resulta moi peculiar que o teu policía sexa xornalista polas noites na radio, ¿non cres? -Non é exactamente xornalista. Asiste a un programa de patrulla nas ondas, para queixarse ou pedir axuda. Vai de mala gana, pero para a súa sorpresa o converte nunha celebridade, cousa que detesta porque quere que o valoren pola súa labor como policía. -¿Inspirouse en alguén real para crear os seus personaxes? -Eu non sei o que fan os demais, eu escribo sobre cousas que vivo, que lin, que desexo, que permanecían agochadas, e que os rescatei. Está claro que algunha das afeccións do protagonista son as miñas, como a da etnoloxía, as tabernas que eu frecuentaba, pero non vai máis alá. -¿En que medio atopouse máis cómodo? -Teño certa experiencia, pero o meu camiño audiovisual foi dende a escrita, sempre quixen escribir literatura, pero as veces non podes elexir. Eu non son un autor que veña do cinema, foi circunstancial. A pesares dixo creo que aportou cousas á miña forma de escribir.