Xosé Vixande pecha o estudo, de momento, no ano 1936 O proxecto ofrece información e tamén recolle calquer nova aportación que a cidadanía quera facer
13 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? vigués Xosé Vixande iniciou na Internet un proxecto de construción dun banco de datos de todos os fotógrafos que traballaron en Vigo dende 1853, data na que se coñece a primeira fotografía feita na cidade, e 1936, porque a partir deste ano agrándase moito o número de profesionais. «Este banco de datos é para que a xente teña información, pero tamén para que poidan aportar información e crear unha especia de libro aberto que pódese actualizar continuamente e que nos dea información sobre nosos fotógrafos», di este doutor en Belas Artes. A intención orixinal de Xosé Vixande é que a xente coñeza a historia da fotografía en Vigo a través dos fotógrafos que traballaron na cidade, e deste xeito, que poñan en valor o seu propio patrimonio particular. «O patrimonio fotográfico non só é unha cuestión de almacenalo senon tamén de saber que é o que temos. As veces, un ten na súa casa, moitas fotografías e ponse a velas e un descobre que ten unha fotografía cun selo dun fotografo que a el nin lle soa nen sabe quen é, e o mellor é un fotógrafo importante», afirma o autor do proxecto. O acceso ao banco de datos faise a través da dirección www.almacensdotempo.com. Alí, a información está artellada de tal modo que cada un engade un dato e ten que facelo referíndose a fonte de onde o sacou para que non seña algo inventado. Pero previamente a esta posta en escea, Xosé Vixande di que traballou dez anos neste asunto. «Comecei facendo un traballo de campo, visitando fotógrafos e familiares de fotógrafos, e por outro lado, traballei nas bibliotecas e hemerotecas que tiñan fondos de publicacións periódicas que poideran dar datos sobre os fotógrafos», afirma o autor do profecto. Plano de traballo Actualmente, até o ano 1900 xa están introducidos bastante datos dos fotógrafos desta época. A partir de aí, até 1936, a meirande parte dos fotográfos aínda están sen datos. «No meu plan de traballo sinala que até o mes de setembro quero ter cumplimentado todos os fotógrafos posteriores a 1900, despois facer unha valoración, a ver se podo alongalo e facelo extensible a todo o país, e entón si introduciría as fichas de todos os fotógrafos que eu despoño do país. Despois, aos poucos ir engadindo eses datos que eu teño e tentando tamén establecer comunicación con xente que eu coñezo que adicanse a isto e quero animalos a que eles introduzan os seus datos» manifesta. A intención de Xosé Vixande é que o seu proxecto siga no tempo. «Non teño intención de fechalo e dalo por rematado, se algunha institución poidese garantir a súa continuidade pois encantado porque para iso o fixen», di. No seu proxecto, Xosé Vixande recoñece o traballo fetio por moitos estudiosos da fotografía, como é o caso de Gerardo González Martín do que aporta moitas referenzas. «Son investigadores que de algún xeito desbrozaron o terreo e que agora constatase, a través do que eles dixeron e as citas de onde as tomaron, que eso é certo, é xente, moitas veces que o fixo por conta propia», recoñece. A segunda parte do proxecto Almacéns do tempo ten que ver coa confección dunha listaxe de libros galegos curiosos, está información está ampliada na páxina 34.