«Movéume a idea de amosar aos alemáns como é Galicia»

VIGO

Entrevista | Damián García Unha bolsa de estudios trasladou a este xoven vigués ata Alemaña, onde ocurríuselle organizar un certame de cine galego que chamaou «Galiciale»

20 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Damián García marchou de Vigo cara Alemaña hai tres anos cunha bolsa europea. Aínda que é filólogo de formación, é cinéfilo de corazón e non se lle ocurriu máis nada que organizar en Berlín un festival de cine galego. E aínda por riba chamoulle Galiciale . O festival desenvolvéuse xa hai uns meses. -¿Qué valoración fai desta primeira «Galiciale»? -Pois realmente moi positiva, xa que o aforo da sala víuse superado nas dúas sesións das que constaba o festival, e o público era metade hispanofalante, metade alemán, co que o obxectivo de presentar a cultura galega eiquí estaba cumplido. Ademáis a xente levouse case que tódala información que había no posto adicado a este fin con material turístico sobre Galicia cedido por Turgalicia. E a tetilla, o viño e as latas que había para degustación papárono tamén todo. Creo que foi un éxito. -¿Como acolleron os espectadores alemáns as películas? -Se ben o primeiro día houbo un pouco de escepticismo, non falto de razón xa que as películas eran xa antigas e para nada ambiciosas (falouse de Serie B ou de telefilm), o segundo día a xente saíu moito máis impresionada pola calidade das películas, moito máis actuáis, e houbo máis aplausos. -¿Houbo repercusión na prensa berlinesa? -Si. O traballo de promoción tivo moito éxito neste sentido xa que a Galiciale apareceu anunciada como consello do día nas dúas revistas berlinesas máis importantes: Zitty e Tip. Ademáis houbo tamén dous artículos bastante extensos en dous periódicos da rexión. Por outra banda, informouse tamén do festival a nivel estatal nos boletíns culturais da Embaixada de España e do Instituto Cervantes. -¿Como se lle ocurriu o de facer esta historia? -A pesar de ter unha personalidade propia, casi que non se coñece Galicia a nivel europeo. Pareceume unha boa idea acudir aos medios audiovisuais, tan en auxe en Galicia, para mostrar películas nas que se poidera ver cómo é e como pensan os galegos. -¿Terá continuidade? -Segura e desgraciadamente non. A subvención como proxecto de Capital de Futuro só se pode solicitar unha vez. Por outra banda, os meus obxectivos oriéntanse máis agora cara a actuación que cara a producción de eventos deste tipo. -Eiquí fixo moita gracia o do nome, ¿souberon interpretalo con ironía os berlineses? (O digo polo da Berlinale) -Si, aínda que tampouco se lle deu moita importancia a este aspecto que, igual que a folla de carballo do cartaz (símbolo de Alemaña), tentaba crear unha conexión entre Galicia e Alemaña. -¿Como fixo a escolma de cintas? -Na escolma o factor principal foi a presencia da cultura e a paisaxe galegas na cinta, buscando tamén calidade e actualidade. Na práctica houbo outro factor de definitiva influencia, que foi a existencia de copias das películas con subtítulos. Como remate, gustaríame alentar aos realizadores galegos a seguir facendo cinema para dar a coñece-la nosa imaxe no mundo. E en canto a subvención do noso cinema por parte da Xunta, cito aquí a Chano Piñeiro que dixo: «As institucións políticas seguen sen enterarse de que un país que non potencie a súa imaxe é un país sen futuro, morto». 20 anos despóis destas verbas, segue sen cambiar moito este panorama.