Adán está convencida de que o entendemento entre os nacionalistas o os socialistas para configurar un goberno en Galicia non será difícil «porque ámbalas dúas forzas o teñen claro». Non tan diáfano está o futuro desa alianza no Concello vigués, onde as feridas seguen a supurar. -¿Sería recuperable o goberno en Vigo cunha alianza na Xunta? -Un bo entendemento das forzas políticas do BNG e o PSOE marcará un camiño de actuación en diferentes eidos. Pero non sei a día de hoxe o que vai pasar en Vigo. Nós xa renovamos a portavocía do grupo e agora temos a Santiago Domínguez, unha persoa con capacidade de diálogo máis que demostrada. Tócalle ó PSOE facer un xesto de entendimento co Bloque. -¿Coincide coa falla de peso político en Vigo que denuncia a sociedade? -Eu detecto una ilusión polo cambio, pero tamén é certo que as percepcións poden ser equivocadas. Polo que a mín respecta, só podo reafirmar a miña disposición a traballar por Vigo. Non me vou alonxar das demandas sociais.