O concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves, presentou onte o programa para este trimestre das actividades de dinamización lingüística que van dende o xogos , a lectura e de escritura creativa. O programa Cóntame un conto , dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos, desenvolverase as fins de semana de abril e maio en distintos puntos da cidade e ten como obxectivo a achega ao galego dun xeito lúdico e colectivo, a través de obradoiros de escrita creativa, lectura teatralizada de pasaxes de libros, xogos. O elemento artellador é un libro xigante que comeza a ser lido polas nenos e nenos e non ten final porque esta ha ser inventado por cada un dos participantes. O primeiro será mañá, domingom na Alameda de Bouzas de 11.30 a 13.30 horas. Os seguintes terán lugar os sábados 30 de abril na Praza da Estrela de 18.00 a 20.00 horas; o 7 de maio na zona peonil no Calvario de 18.00 a 20.00 horas, o 14 de maio na zona de As Travesas, na Praza da Independencia de 18.00 a 20.00 horas, o 21 de maio no Parque da Riouxa de Teis de 18.00 a 20.00 horas e o 28 de maio no Verbum de samil, de 18.00 a 20.00 horas. Na Biblioteca Central O servizo de Normalización Lingüística organiza estes obradoiros para xente miúda, por segundo ano consecutivo dado o éxito acadado na edición anterior e realízanse na Biblioteca Central. Neste espazo desenvolveranse , ademais, obradoiros de regueifas que xiran ao redor da candidatura do patrimonio oral galego-portugués a ser proclamado patrimonio da humanidade. Ao mesmo tempo , Normalización Lingüística ten programados obradoiros de escrita creativa para adultos nos que se busca un espazo de traballo lúdico e promover a mellora de actitudes e usos da lingua. Niveis Estes obradoiros están concibidos en dous niveis. O primeiro busca unha viaxe ao mundos das palabras mediante a escritura colectiva, a creatividade, a expresividade e a doma das palabras, mentras que o segundo nivel afonda na literatura e o mundo real. As datas estes obradoiros son, para o nivel I, o 25 e 27 de abril e 2,4 e 9 de maio de 18.30 a 20.00 horas na Biblioteca Central. Para o nivel dous, os días 18,23,25 e 30 de maio e 1 de xuño de 18.30 a 20.00 horas na Biblioteca Central. E para o segundo grupo de nivel dous, os días 8,14,16,21 e 23 de xuño de 18.30 a 20.30 horas no Edificio Asefal, na rúa Elduayen.