O poeta visitou en varias ocasións a comarca

La Voz

VIGO

20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O gran número de colectivos que se sumaron a iniciativa deixa ver que Manuel María era unha persoa moi querida no Morrazo. Acudiu en varias ocasións desinteresadamente ás chamadas de distintas asociacións. A última vez que estivo en Cangas foi da man de A Cepa, en 1997, para falar da literatura popular na escola dentro das Xornadas da Língua. Estivera antes invitado por Xiria, polo comando cultural Foucellas ou na homenaxe a Serafín, ó poeta popular cangués. Xosé Manuel Álvarez dixo que fora para él unha sorpresa a «adhesión entusiasta» de tal cantidade de entidades. Francisco Cuñarro dixo, sen embargo, que non foi unha sorpresa dado o carácter de Manuel María, un conversador incansable que facía amigos alá por onde pasaba. Manuel María, engadiu, é o autor máis leído e máis querido. A poeta Pilar Fernández dixo que Manuel María calificóuno como un dos grandes poetas do século XX e un gran defensor da língua e a literatura.