CONTRAPUNTO
10 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.OS DIRIXENTES DO BNG vigués están a piques de darlle un cursiño acelerado sobre o políticamente correcto ós seus militantes, simpatizantes e eventuais votantes. Agora que son capaces de virar a babor ou estribor según conveña, mesmo como o Prestige, atoparon todo un mundo de posibilidades, tanto urbanísticas como lingüísticas. Así, igual que lle chaman «acordo estratéxico» a unha simple pinza co PP, acabarán falando de «interrupción do embarazo» para non dicir aborto, atoparán «danos colaterais» en vez de mortos civís, darán o seu punto de vista sobre «axustes de plantilla» sen denunciar puros e duros despidos, formularán «suxestións do cliente» para non ter que facer reclamacións e incluso calcularán os «excedentes empresariais» dalgúns promotores inmobiliarios en troques de explicar cántos beneficios poden dar unhas recalificacións ben feitas.