CONTRAPUNTO
13 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A PRISIÓN de Vigo é, na actualidade, unha cadea nocturna, un lugar no que os condenados teñen que dormir diariamente, mentres que de día poden saír á rúa a traballar. O penal, que hai anos debería estar pechada, está situada na Avenida de Madrid, ó rente dun colexio público de primaria, rodeada de edificios de vivendas e fronte a estación de autobuses. Tras os seus muros malviven 80 presos. Todos eles viron o Expreso de Medianoite . Tercermundista e indigno, así é este recinto penintenciario. Destartalado por dentro e por fóra, carente de vixilancia e personal, ós presos lles resulta máis fácil achantar unha arma ou fugarse desta cadea de medianoite que de calquer sucursal bancaria. O peor é que calquer vigués que cometa un delito menor (conducir bébedo, por exemplo) pode caer neste tugurio público. Entrará directamente, por unha porta oxidada, na Turquía dos anos 70.