Un programa multidisciplinar

La Voz

VIGO

12 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Na análise sobre coordinación dos sistemas de protección social e protocolos de intervención tratarase de orientar ós profesionais dos servicios sociais no traballo con sistemas alleos ó seu. Os asistentes a estes cursos terán a posibilidade de aprender a diferenciar entre os sistemas de servicios sociais e outros sistemas de cobertura social e tamén a coordinalos. Elementos xurídicos Para este fin farase uso de elementos xurídico técnicos, así como unha aproximación a experiencias ou protocolos de coordinación entre diferentes sistemas de protección, base fundamental para adquirir experiencia en temas de coordinación. No que respecta ó curso sobre intervención con persoas sen fogar e/ou familias excluídas, búscase proporcionar ós profesionais coñecementos teórico-prácticos para a intervención social con persoas sen fogar, para o que se tentarán establecer criterios metodolóxicos e mellorar técnicas e habilidade na intervención social con este colectivo. Debido á especial sensibilidade deste tema, outro dos obxectivos deste curso será facilitar estratexias e técnicas de intervención ós profesionais neste tipo de casos. Doutra banda, tamén se oferta un curso sobre o Sistema de Información de Usuarios de Servicios Sociais (SIUSS), que se desenvolverá na cidade de Ourense entre o 24 e o 26 de este mes de setembro e tamén na cidade de Santiago de Compostela en dúas quendas a celebrar, unha entre o 22 e o 24 de outubro e a segunda entre os días 19 e 21 do vindeiro mes de novembro. Vinte horas Os cursos presenciais terán unha duración de vinte horas e desenvolveranse ó longo de tres días, salvo o relativo á aplicación informática SIUSS, que terá unha duración de vintetrés horas. Os participantes nestes cursos recibiran un certificado de asistencia ós mesmos. Asemesmo, aquelas persoas que queiran formarse a distancia poderán facelo en xestión de centros de servicios sociais, en intervención familiar ou no curso sobre a aplicación do dereito civil á actuación dos servicios sociais de base.