Xa non somos primeiros

| MANUEL V. SOLA |

VIGO

CONTRAPUNTO

22 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI UN DATO económico demasiado importante como para deixalo correr sen unha reflexiónpasar: hai dous anos que Vigo xa non é a locomotora económica e industrial de Galicia. A comarca da Coruña ven de coller o relevo, amosando un maior pulo tanto en taxas de crecemento como de xeneración de riqueza. As súas empresas xeneran máis valor engadido (máis PIB) que as da comarca de Vigo. O indicador aparece no último informe Ardán, que elaboura a Zona Franca de Vigo, e que se ten acreditado como o mellor estudio económico das empresas privadas con sede en Galicia. Económicamente, tanto ten que nos rebase A Coruña, Ourense ou Xixón. O verdadeiramente importante é analizar as causas da perda de peso económico de Vigo para poñerlles remedio. Mais aínda peor que o dato, é pouco caso que se lle ten prestado. Estamos aletargados e perdendo a carreira.