O Sindicato Labrego convoca o consello comarcal do Condado

M. Rodríguez PONTEAREAS

VIGO

02 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas ven de convocar o seu Consello comarcal do Condado Paradanta para unha xuntanza na que se analizarán a reforma da PAC e a modificación do réxime especial agrario. A reunión terá lugar hoxe ás nove da noite no salón de actos do Centro Multiusos de Ponteareas. Según suliñan dende o sindicato nacionalista trátase de dous temas de grande importancia e que terán repercusións «funestas para o agro». Incremento do paro Ademáis, insisten en que incrementarán o paro, a emigración e a desertización do medio rural galego. Por unha banda informaráse sobre a modificación do Réxime especial agrario da seguridade social. Tal e como indican dende o Sindicato Labrego Galego este réxime «obrigará os labregos a pagar moito máis por ter unhas prestacións cada vez menores». Engaden que esta situación fará que moitos dos traballadores non poderán afrontar os pagos que teñen pendentes. Por outra parte analizaráse a reforma da Política Agraria Común que acaba de ser aprobada pola Unión Europea. Para os membros do Sindicato LG a reforma beneficiará as grandes industrias agrarias «condeando á desaparición ás pequenas e medianas explotacións.