Entrevista | Neneta Herrero Ameijeiras Herrero pretende crear unha ONG para xestionar fondos para a mantenemento da escola que construiu en Juanga fai agora dous anos
25 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Neneta Herrero leva indo á India anualmente desde principios dos oitenta. Agora viaxa duas veces ó ano. Vai a Juanga, un pobo da rexión de Orissa no que, cos cartos aportados por ela, compañeiros de traballo, amigos e coñecidos da zona do Morrazo e Vigo se construiu unha escola na que hoxe estudian gratuitamente uns 200 rapaces. -¿Como xurdiu a idea de construir a escola? -Eu tiña pensado ir a unha festa que se iba celebrar o 22 de febreiro do 2000 en Puri para recaudar fondos para os mariñeiros de Pentacota, na rexión de Orissa. Uns meses antes, no outono de 1999, un ciclón arrasou toda a zona. Houbo máis de cen mil mortos. A festa supendeuse, pero eu decidín ir igual. Fun en xaneiro, cunha amiga. En Puri, sentadas nunha terraza dun bar, achegóusenos un home para nos pedir mediciñas para un hospital que rexentaba nunha aldea veciña, que quedara sen material a causa do ciclón. Nós decidimos axudar, pero antes queriamos coñecer o sitio. Viñéronnos a buscar nunha ambulancia. Fomos por pistas de terra unhas tres ahoras ata chegar a Juanga. Deixamos as mediciñas no hospital e eu fun dar un paseo. Rodeáronme os nenos e leváronme da man para ensinarme as ruinas da escola. Pregunteilles por señas onde daban clase e dixéronme que o ar libre. Aínda seguían aterrorizados. As familias estiveran tres días enteiros abrazadas para non voar, como voaba todo. Nese momento sentín a necesidade de axudar, de facer algo. -Cando voltou a Cangas, reuniu cartos para reconstruir a escola e mandounos a Juanga. -Recaudei entre os compañeiros de traballo, amigos e coñecidos os 1.800 euros que se necesitaban para reconstruir a escola. Eu daba por rematada a miña axuda, pero entón veu a visitarme Michael A. Daube, un americano que fundou o hospital de Juanga, así como outro en Chiapas. Díxome que só con 6.000 euros máis faciamos unha escola para os nenos das dez aldeas máis próximas. Conseguimos os cartos rifando cuadros donados por varios artistas, o propio Michael, Xosé Guillermo, Nel D. Piñeiro e Manuel Varela. -¿Como paga ós profesores? -Hai unhas oitenta personas que colaboran con cuotas mensuais, co que podemos pagar ós profesores. Agora queremos ampliar a escola. Pensamos en crear unha pequena ONG para xestionar fondos. A intención é, tamén, financiar un sistema de regadío para que poidan cultivar algo máis que arroz, porque moitos nenos comen só arroz de mañá, tarde e noite. Pero estamos desbordados polos gastos e a escola é o primeiro.