Falan os muñidores do pacto

La Voz

VIGO

Olaia Fernández (BNG) e Miguel Barros (PSOE), comisionados polos seus partidos para pechar o acordo, responden a un decálogo sobre a futura coalición

04 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai un obxectivo que é pechar o acordo antes do día 14. ¿Existe algún risco importante de non ser así? : Nós contamos con que se chegue a algún tipo de acordo, como un documento programático. Pero iso non quere dicir necesariamente que o pacto de coalición esté arranxado nesa data. MIGUEL BARROS : Penso que non hai ningún risco. Traballar con prazos fixos nunha negociación o único que fai é entorpecer. ¿Terá este gobierno municipal unha maior coordinación que o anterior? : Pola nosa banda, imos facer o esforzo necesario para que sexa así. E se non foi posible nos últimos catro anos, habería que preguntarlle os motivos ó Partido Socialista. M. B. : Iso ten que ver moito cos interlocutores. Hai que garantizar unha relación fluída, fácil. Ventura Pérez Mariño quere un goberno de integración, un só goberno. ¿Pode ser o urbanismo o principal atranco nas negociacións, como xa ocurriu hai catro anos? : É unha cuestión que non depende de nós. En principio non cremos que deba representar ningún atranco. M.B. : Non nos plantexamos ningunha cuestión que a priori poida significar un nudo gordiano. Acudimos ás conversas absolutamente abertos e buscando coincidencias. ¿Existe algún aspecto irrenunciable enriba da mesa por parte de cada organización? : Hai cuestións irrenunciables, pero non serán un impedimento para chegar a acordos. Sobre o que non imos discutir é a mellora da calidade de vida dos vigueses e a defensa da identidade cultural, histórica e lingüística. M. B. : Non debemos acudir a unha negociación con nada irrenunciable senón con vontade de chegar a acordos en proxectos estratéxicos. ¿É posible unha fórmula para resolver as crisis que xordan en momentos puntuais? : A fórmula está no sentido da responsabilidade por ámbalas dúas partes. Debe existir sempre disposición ó diálogo e xuntarse para discutir cando non exista acordo. M. B. : Teño a convicción de que si. Pode haber momentos nos que tardemos máis en tomar decisións, pero iso é cuestión dos gabinetes. ¿Debe haber algún área prioritaria na acción do goberno? : É algo que non o temos plantexado. Non debería haber unha novidade moi importante. M.B. : Temos que elaborar un programa conxunto e tamén articular unha acción de goberno viable en tódalas áreas. ¿Que garantías hai de que o acordo de goberno dure catro anos e non acabe por romperse? : Eu non son a pitonisa Lola, pero entendo que non tería que haber ningún problema para que así fose. Seguro que isto non vai ser un camiño de rosas. Eu penso que a cuestión fundamental é actuar con seriedade e con responsabilidade. M. B. : No horizonte político hai suficientes motivacións e expectativas para que isto dure e vaia ben. En Galicia ábrese unha nova etapa e non hai que ser un analista moi fino para ver que as dúas organizacións por separado non teñen moito que facer fronte á dereita, o partido que goberna agora mesmo. ¿Que papel espera que xogue a oposición? : Leal e responsable (risas). Non nos corresponde a nós dicir cómo debe ser o seu traballo. Eu creo que nos últimos catro anos xogou un papel moi desigual por momentos. Eles saberán a qué se debeu a súa táctica. M. B. : Intentarán agudizar as nosas contradiccións, claro. Non debemos darlle armas para afondar nas fisuras que se poidan producir. Levamos moito aprendido. Penso que o BNG tamén leva moito aprendido. ¿Visualizará cada grupo a súa xestión por separado para rentabilizala políticamente? : Está claro que cada organización defende un proxecto político diferente. Nós somos do BNG e imos coa intención de traballar e facer visible o noso traballo. M. B. : Eu parto dun convencimento. o de que o electorado non fracciona o presuposto municipal. Penso que o que fai é aplicar unha percepción global do goberno e despois vota. ¿Que cre que lle están a pedir os vigueses a este novo goberno municipal? : En conxunto, o que percibimos na xente é unha mensaxe de compromiso e de responsabilidade para gobernar esta cidade, para continuar un traballo. E os nosos militantes tamén teñen moi claro cal debe ser o noso cometido, porque así nolo expresaron estes días. M. B. : Eu teño moi claro o que nos están pedindo os vigueses dende o 25-M: por un lado capacidade e madurez política para chegar a acordos e, despois, estabilidade para executar un programa común de goberno. É o que temos que poñer en práctica agora.