Fernández del Riego publica «Sinais dunha cultura»

La Voz J. L. | VIGO

VIGO

09 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O servicio de publicacións da Diputación de Pontevedra ven de publicar Sinais dunha cultura , «un libro de divulgación sen máis pretensións», segundo indica o seu autor Francisco Fernández del Riego. Ó través de quince capítulos, o insigne galeguista fai un percorrido por diferentes aspectos de Galicia. Desde a prehistoria e historia, pasando pola lingua , o papel dos sornáis no país, a paisaxe física e algunhas figuras literarias especialmente vencelladas a cultura galega. Don Paco sinalou que a súa vida é unha vida de entrega a Galicia desde o punto de vista divulgativo. «Non se pode dicir que sexa de investigación ou de estudio, simplemente de divulgación; de aproveitamento da realidade do país en todo-los aspectos para poñelos ó alcance do lector común», manifestou.Os personaxes elexidos por Fernández del Riego son García Lorca, Nélida Piñón e Valle-Inclán. «Coñecín persoalmente a Valle nos derradeiros anos da súa vida, e conto a súa identificación con Galicia como reflexo do galego na súa obra, non soamente do ambiente senon do estilo», afirmou o director da Casa Galega da Cultura.Ó acto de presentación do libro acudiron o presidente da Diputación, Manuel Abeledo, e o concelleiro de Cultura de Vigo, Carlos González Príncipe. O primeiro suliñou o papel de don Paco no desenrrolo da cultura galega, e lembrou que a institución provincial publica unha media de un libro de calidade cada quince días.Pola súa banda, Príncipe cualificou ó autor do libro como «el galleguismo histórico hecho carne», e á Casa Galega da Cultura como «catedral do galeguismo».