Non vale «chuzar» as bolas

VIGO

ÓSCAR VÁZQUEZ

O Centro Cívico de Teis reuniu onte a tres xeracións ó redor das formas de divertimento popular, nun proxecto patrocinado por Participación Cidadá

08 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O progresivo avance do asfalto e, a consecuente perda de espacios públicos nos barrios, conlevou a desaparición dos xogos de sempre. Quen non recorda as tremendas partidas de bolas, onde a única regra imperante era a xa mítica frase de non vale «chuzar». Ou os trompos, con aqueles afiados pinchos destinados a xirar ou «ñicar» o trompo do contrario. Ca finalidade de amosar ás novas xeracións que hai xogos máis alá da electrónica e a informática, a Asociación de Veciños de Teis, ca colaboración do Centro Cívico de Teis e o patrocinio da concellería de Participación Cidadá, iniciou onte un proxecto de recuperación chamado Os xogos de sempre .Juan Zaragoza, responsable da redacción do proxecto, explica que os destinarios deste programa son os nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos pero, en realidade, pretenden xuntar a membros de tres xeracións. Os aprendices, son os propios nenos, os mestres, que son os pais dos nenos, e os suprevisores, os abós. As bolas e o pello Onte comezó o proxecto ca presentación do mesmo e o desenrrolo dos primeros xogos, as bolas e a mariquitilla, tamén coñecido como pello. Todo-los sábado ata finais do mes de maio, as persoas que se acheguen o recinto do Centro Cívico de Teis poderán participar en xogos como a billarda, o aro, o brilé, a pita, etc. Os primeiros rapaces que participaron onte no proxecto practicáronse coas bolas nos xogos do «corrillo», o mítico «güa» e «a carreira». Lonxe quedan os tempos en que as bolas podian ser de cristal ou de barro, pero as gañas de pasalo ben seguen sendo as mesmas que cando os barrios permitian o xogo dos cativos. Naturalmente, onte os organizadores dos xogos non quixeron facer distincións sexistas e, tanto ás bolas como ó pello, xogaron conxuntamente as nenas e os nenos.Os monitores dos xogos non tiveron problemas para organizar as partidas entre os participantes. Xa o saben, o vindeiro sábado, os xogos tradicionais teñen o seu oco no interior do recinto do Centro Cívico de Teis, sa subida á Guía