Dous concelleiros poderían darlle a Manoel Soto a chave do futuro goberno. Ainda que é cedo para falar de pactos, o ex alcalde non elude o tema: «Se o mínimo que nos vai ocorrer é que imos ser a chave do próximo goberno, empregarémola para pedir o maior precio para Vigo. Honestamente non sei con quén a estas alturas». Engade que a súa «proclividade política» sería pactar coa xente teóricamente progresista ou de esquerdas. «Pero nin o BNG nin o PSOE se portan como esquerda -dí-. Nin o son nas accións programáticas nin na defensa de Galicia. Non se poden facer festas ou museos senón se ten auga na casa da xente. Na democracia gobernan as maiorías con respeto ás minorías. O alcalde nin ten usado a maioría correctamente nin tampouco demostrou respeto polas minorías». Semellante rotundidade leva, por forza, a pensar no PP. «Os populares gobernan en Santiago e en Madrid, e eso pode dar moito xogo en Vigo. En todo caso, a aposta de Progresistas Vigueses é a de quen está moito más preparado para dirixir o vindeiro goberno con quen sexa máis convinte. Imos apostar polo qué (polas ideas), polo cómo (no tempo) e polo quén (e ahí apostaremos por nós mesmos). Non é a primeira vez que Castrillo dí que non pactará nunca con Soto. Tampouco o PSOE fai carantoñas de ledicia o lles falar desta posibilidade... «esto é froito da política miserable que o PSOE e o BNG practican en Vigo -explica-. Digo miserable porque as súas tremendas ineficacias lles fan sospeitar que a nosa iniciativa política vai colleitar os seus teóricos votos. Por eso soltan mentiras deliberadas contra a nosa formación. Válelles todo porque, para eles, o fin xustifica os medios. Eu ofrecinlle a miña axuda para gobernar. Son eles os que non quixeron, porque lle teñen medo ó crecemento da miña forza política. Eu voulle tender a man ás ideas. Fiscalizaremos as promesas de quen goberne. E si non cumplen promoveremos unha moción de censura para plantexar un goberno alternativo. Non podo ser máis claro ó decir esto». Cando reapareceu na escea política, aló polo 99, Soto chegou a decir que si a súa volta servía tan só para «retirar» a Carlos Príncipe, a daría por «ben empregada». Agora corrixe: «Foi unha frase mal dita. Pero tamen dixen que o partido socialista era e segue a ser un niño de víboras, e cando un se rodea destas serpes o normal e que algunha te pique. Se houbera sido un problema persoal con Príncipe seguramente houbera seguido no PSOE. O que pasou foi que non había bimbios para facer ningún cesto. Tampouco no Bloque, mentres o goberne a UPG, se poderán facer grandes cousas por Vigo ou por Galicia». Por si quedaban dúbidas, Manoel Soto aclara a posibilidade de voltar ás filas socialistas e recuperar algún día a súa ficha de militante. E o seu razoamento vai máis lonxe ó falar do nacionalismo. «Non me parece posible nun horizonte cercano. E digo que non é probable. Se me pregunta se o descarto, eu non descarto nada. Non teño nada contra a institución do Partido Socialista. Eu sempre lle puxen unha chapa ó partido socialista en Galicia, que foi a falla dun galeguismo auténtico. Pero eu son un socialdemócrata, e sempre me identifiquei nesa posición. Mire vostede, se ó Bloque lle sacas a UPG, eu estaría encantado de estar no BNG. Creo que con esto digo bastante do meu persoal posicionamento político. E non falo ningunha mentira».