Mil rapaces xogaron en galego

REDACCIÓN VIGO

VIGO

CAPOTILLO

A praza do Rei acolleu a «Festa do verán» da concellería de Normalización Lingüística

23 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A praza do Rei foi onte o escenario da «Festa do verán», organizada pola concellería de Normalización Lingüística. A festa pechou a edición de primavera do programa Xogas?, en galego podemos», no que participaron máis de mil rapaces. A xornada contou con malabares, obradoiros, danzas, cancións e espectáculos para os máis cativos. Houbo actividades con paracaidas, obradoiros de maquillaxe, animaliños con vasos de plástico, colares con sopa de cores, bonsais con aramios, bingo de nomes e xogos cooperativos e populares. Na festa colaboraron as asociacións Abertal e Galicia Tempo Libre. O programa favorece o uso da lingua entre os rapaces.