Demandan convertir un barco de pesca de A Guarda en un museo

Monica Torres
MÓNICA TORRES A GUARDA. CORRESPONDENTE

VIGO

07 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A agrupación Iniciativa Veciñal do Baixo Miño vén de solicitar ó Concello de A Guarda que inicie as xestións pertinentes diante da Administración Autonómica para que algúns dos barcos que faenaba en Marrocos que se atopan en asteleiros da localidade sexa entregado gratuitamente e se instale nalgún punto próximo ó mar e ó porto guardés. O voceiro deste grupo, Francisco Estévez Estévez, sinala que «esta actuación permitiría cumplir dúas funcións de utilidade pública e histórica, xa que a súa existencia como tipo e modelo de embarcación tén os días contados e non poden ser empregados para actividades pesqueiras distintas ó uso para o que foron deseñados e durante moitos anos demostraron a súa eficacia». Ubicación A ubicación deste barco significaría, segundo Iniciativa Veciñal, render homenaxe a todos aqueles mariñeiros de A Guarda que axudaron a aupar a economía da vila, dando como resultado a existencia actual da nova flota guardesa adicada ó peixe espada. Esta iniciativa posibilitaría, por outra banda, dispor dun museo didáctico no que as novas xeracións e os turistas de terra seca poideran coñecer as entrañas dun barco. A agrupación guardesa sinala ademáis que «solicitando a entrega dun destes barcos á Consellería ou ó Ministerio de Pesca, podería empregarse o diñeiro do desmantelamento e transporte ó vertedeiro, para pagar os gastos do traslado ó lugar que se considere máis axeitado para o seu emprazamento».