Unha colección que o vale

REDACCIÓN VIGO

VIGO

ÓSCAR VÁZQUEZ

Máis de 2.000 persoas visitaron xa a mostra L¿Oreal, que terá a súa clausura o domingo, 19 de maio

15 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O vindeiro domingo, 19 de maio, porase fin a exposición Colección Premio de Pintura L`Oréal na Fundación Laxeiro de Vigo. A mostra, aberta ó público dende finais do mes de marzal, obtivo un éxito de público sin precedentes, cun balance de unhas duas mil persoas que teñense achegado ata hoxe a visitar esta colectiva. A exposición, composta por unha selección das obras que L¹Oréal España ten reunido ó longo das 18 edición do seu Premio de Pintura, visita Galicia por vez primeira. A Colección completa unha visión do panorama artístico español de finais de século. Entre as obras que aínda poden contemplarse figuran autores de sona no panorama pictórico español contemporáneo. Entre eles, artistas galegos coma Salvador Cidrás, Almudena Fernández Fariña, Vicente Blanco, José Manuel Calzada e Antonio Murado López. Robert Harvey, Soledad Sevilla, Santiago Ydáñez, Juan Ugalde, Abraham Lacalle ou Enrique Larroy Zubero, completan a mostra. A colección iniciou a finais do 2000 unha itinerancia que a levaría a percorrer diversas cidades e Vigo foi elexida coma a primeira galega que visita. O obxectivo dó Premio de Pintura é apoiar e promocionar a arte xoven de vanguardia, contribuindo á consagración de artistas, como os presentes na exposición, e fomentala aparición de novos talentos. Este Premio vense celebrando dende 1985, e convertiuse en un dos certamens máis prestixiosos do panorama artístico nacional. Ortega en Bacelos Por outra banda, a galería Bacelos presenta tamén unha proposta plástica interesante asinada por Ana Teresa Ortega. Fotografias de formato 125 x 85 e unha videoinstalación forman a súa serie Pensadores . Trátase de imaxes de proxeccións en espacios arquitectónicos valeiros. Sobre os espacios da desolación proxéctanse os rostros de algúns dos pensadores, que, non incluidos nunha estructura cultural dominante, representan o século xa rematado ó propoñer ó traveso da súa escritura novos valores y novos xeitos para pensar no mundo. Ó traveso dos seus rostros, introdúcenos na memoria das súas palabras ceibes. Entre eles: Hannah Arendt, Jean Genet, Fernando Pessoa, Alejandra Pizarnik, Simone Weill, Samuel Beckett, etc. A exposición pecharase, na galería Bacelos, o vindeiro día 31 de maio.