08 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
Roberto Vidal Bolaño (na foto), dirixe e protagoniza xunto a Ana Gago a obra ¿ Os papalagui ¿, que é o nome có que os samoanos denominaban ó home branco. Baixo ese epígrafe agrúpanse un feixe de discursos e reflexións sobre a civilización occidental atribuídos a Tuiavii, xefe da tribu samoana de Tiavea, que somete á nosa cultura a unha visión crítica demoledora e chea de ironía dos valores nos que se asenta. Tuiavii pon ó mundo occidental dentro das súas propias contradiccións. A obra representarase o sábado, 11, ás 22.30 horas e o domingo, 12, ás 20.30 horas no auditorio do Centro Cultural Caixanova.