Ondas sen fronteiras

La Voz

VIGO

MARTA G.BREA

Radio Municipal de Tui acolleu a participación dos grupos de máis de vinte colexios galegos e portugueses A liberdade e o fin da escravitude foron o eixe vertebrador este ano do programa Ponte nas Ondas. Trece horas de emisión en directo dende a Radio Municipal de Tui e a Casa da Cultura de Salvaterra. Unha experiencia inesquecible para tódolos rapaces participantes e as persoas que colaboraron para que esta séptima edición acadara o éxito que vaticinaban.

17 feb 2021 . Actualizado a las 20:54 h.

MÓNICA TORRES TUI. Correspondente O programa radiofónico Ponte nas ondas 2001 foi todo un éxito por séptimo ano consecutivo. Os estudios da Radio Municipal de Tui e a casa da cultura de Salvaterra emitiron dende as dez da mañá trece horas de programación ininterrumpida. Os alumnos das 45 escolas participantes foron os protagonistas da xornada. O tema vertebrador deste encontro foi o ano do diálogo entre as civilizacións polo que os rapaces estiveron traballando nos últimos meses con materiais específicos sobre o tema da escravitude. As escolas desenvolveron o proxecto educativo da UNESCO, a Rota do Escravo. O equipo da Radio Municipal de Tui demostrou unha vez máis a súa capacidade de organización e a súa profesionalidade xa que tiveron que coordinar en solitario as intervencións de máis de 20 colexios pola mañá porque a noite anterior roubaron o repetidor da Radio Melgaço. «Vivir unha experiencia tan enriquecedora faiche esquecer o agotamento da xornada» afirmou o director da radio tudense, Jose Font.