Coiro lembra o arranxo do muíño de Fausto

La Voz

VIGO

XULIO VILLARINO

J. SANTOS REPORTAJE A Festa conmemora a restauración dun dos trinta que hai no río Bouzós

04 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Parroquia de Coiro celebra esta fin de semana a Festa do Muíño, unha festa que naceu fai doce anos para celebrar a restauración do muíño de Fausto, un dos trinta que hai no río Bouzós, que, na su desembocadura, no casco urbano de Cangas, toma o nome de río do Señal. O nacimento da festa foi unha iniciativa da Xunta de Montes, a APA do colexio público de Castrillón e a Asociación Cultural Cacarexo. Tivo unha acollida extraordinaria por parte dos veciños. Centos e centos de parroquianos, ós que se suman persoas de outros lugares, enchen o pequeno recinto no que se ergue o muíño de Fausto, recinto que vai crecendo ano a ano gracias ás sucesivas adquisicións de terreos anexos por parte da Xunta de Montes de Coiro. Actividades As actividades relacionadas coa festa comenzaron onte á tarde, cunha charla sobre os muiños do Morrazo a cargo Manuel Aldao e a entrega de premios do certame escolar de creación plástica sobre os muiños e o seu entorno. Este apartado das celebracións, xunto coa festa infantil que se celebra hoxe pola mañá, teñen lugar no colexio público de Castrillón. A festa infantil comenza ás 11.00 horas. Esta organizada pola asociación Tromentelo. Haberá xogos, flocos de millo, caramelos e ata un castelo hinchable. Finalizada a festa infantil, as celebracións traslándase ó entorno do muíño de Fausto. Hoxe pola tarde, a partir das 19.00 horas, haberá un festival de baile tradicional no que está previsto que actúen o grupo de baile Lumieira, las pandeireteiras Quellamandrua, de Bueu; e a banda de gaitas Airiños de San Xulián, de Marín. Máis tarde, a partir das 22.00 horas, celebrarase a «Noite folk», coa presencia de Abaladoiro, Nelson Quinteiro e Tino Baz. A propia Festa do Muíño é o primeiro domingo de maio. A organización instala no entorno uns chiringuitos nos que se pode adquirir un xerriño que leva grabada a data e a edición da festa. Esta compra da dereito a beber viño tinto ou branco, si ben de dubidosa calidade. Pódense mercar racións de empanada de millo ou mexilóns, fariña e pan. Hai una pequena exposición de especialidades gastronómicas relacionadas co millo. Ás 13.00 horas lerá o pregón o actor Celso Parada. Cando finalice empezará a tocar a banda de gaitas Tremiñado, de Ponteareas. Durante a festa estarán aberto e en funcionamento o muíño para quen queira velo. A partir das 10.00 horas celebrarase un festival popular no que participarán a banda de gaitas Tromentelo, de Coiro; a contacontos Paula Carballeira e o grupo de folk Quempallou. O río Bouzós O río Bouzós nace a 350 metros sobre o nivel do mar, nas Chans de Ermelo. Baixa pola Pedra da Edra, cruza a Fraga da Coiro, o Carballal, A Rosada -onde está o muíño de Fausto-, Verín -onde se lle xuta o río das Presas-, Romarigo e Reboredo. Desemboca no Señal. Antigamente pasaba por baixo dunha ponte que hoxe está enterrada. Ó longo do seu cauce hai trinta muíños, todos eles de rodicio horizontal. Moitos deles foron construidos no século XVI, según investigacións feitas polo estudioso Lauro Pedreira Ares.