O Centro Pedra da Auga vive con especial intensidade esta xornada como centro asociado á Unesco A rota dos escravos entre América, África e Europa é un dos temas que se abordará de cheo no Instituto Pedra de Auga de Ponteareas durante a xornada de hoxe con motivo da celebración do Día da Paz. Baixo o nome «Quebrar o silencio» e a través de exposicións e música, preténdese achegar ó alumnado este feito histórico e a súa influencia no mundo actual, sen esquecer os novos movimentos migratorios
29 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.S. QUEIMALIÑOS PONTEAREAS. Correspondente Tal día como hoxe hai 53 anos morría asasinado o lider pacifista «Mahatma» Gandhi. Co obxecto de conmemorar a súa morte e a raíz dunha petición presentada pola Rede de Escolas Asociadas á Unesco, estableceuse que nesta data se celebraría en todo o mundo o Día da Paz e a non violencia. Unha xornada que no Instituto Pedra da Auga de Ponteareas cobra especial importancia pola súa condición de escola asociada a Unesco. O programa de actividades previsto para hoxe inicarase ás 12:00 horas e é froito dun traballo que o centro escolar ven desenvolvendo dende o inicio do curso. O resultado son unha serie de exposicións que teñen como eixe central a rota de escravos entre África, Europa e America. A partires deste tema, alumnos e profesores confeccionaron diversas mostras nas que se poderán ver as plantas provintes de América e unha exposición filatélica integrada por selos de Portugal e Cuba. Asemade, nas actividades de hoxe preténdese realtar o intercambio cultural entre os continentes Africano, Americano e Europeo e a riqueza resultante a través da música, comida, bailes, costumes, etc. Por este motivo, tamén se organizan exposición específicas de diversos países. O aspecto musical non queda relegado, e os alumnos do centros interpretarán pezas de Brasil e o seu entroido, mentras que un grupo procedente de Vigo interpretará música de escravos e bailará a danza do Brasil chamada «A Capoeira». Como tema de especial actualidade, estará presente unha exposición composta por fotografías, datos e documentos recollidos polos alumnos donde se fai un análise da emigración galega. Todo elo relacionado coa inmigración que durante os últimos tempos está cobrando unha especial importancia en toda a xeografía e que nalgúns casos desemboca nunha nova forma de escravitude.