«Este ano superaremos a cifra dos 30.000 visitantes»

M.S.D. VIGO

VIGO

Xosé Luis Suárez Canal, comisario da Fotobienal Xosé Luis Suárez Canal é, xunto con Manuel Sendón, o responsable da existencia da Fotobienal e o organizador de esta novena edición da mostra que se está a expoñer en seis sedes diferentes de nosa cidade. Oito días despois da apertura o público, o comisario da mostra amósase satisfeito pola acollida que está a ter.

04 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

Os responsables da novena edición da Fotobienal de Vigo non paran. Entrevistas cos medios chegados de toda España e de fora, conferencias... Falamos con Xosé Luis Suárez Canal, quen comparte a paternidade, Xunto con Manuel Sendón, de esta mostra fotográfica internacional. _¿Que acollida está a ter esta nova edición da Fotobienal por parte do público? _Estamos moi satisfeitos. A mostra está a ter unha acollida moi boa, e iso a pesares de que este ano ten un horario de visitas máis limitado, porque sólo se abre polas tardes. Durante as mañáns dos martes e xoves, se abre, pero somentes para as visitas didácticas organizadas para colexios e institutos que veñen de toda Galicia. Digamos que o ritmo de visitas está a ser normal tirando a alto. _Na inauguración manexaban unha previsión de 30.000 visitantes. ¿O ritmo que vai se superará a cifra? _Pensamos que o final a cifra andará por ahí ou algo máis. 30.000 visitas supón o 10% da poboación de esta cidade, que é a cifra máis alta que acostuma a darse nas expisicións. Si a esto engadimos a cantidade de xente que ven de fora, pode que se supere. _¿O feito de que este ano a mostra teña un enfoque social e documentalista pode influir no maior número de visitantes? _Normalmente, a Fotobienal caracterízase pola súa capacidade de atraer xente de tódalas capas sociais, pero dado o carácter documemtalista e de denuncia de este ano estamos a ter moitas más visitas de carácter didáctico. _¿A supresión do apartado de becas mermou o calidade desta edición da Fotobienal? _Non houbo apartado de becas porque, por problemas de retraso na aprobación dos presupostos municipais, non deu tempo a convocalas. Pero temos a sección Novos Creadores, que ven a cumplir a función das becas.