ENTREVISTA Lois Castrillo, alcalde de Vigo O goberno de coalición vigués vén de cumprir un ano de xestión. ¿Cal é a percepción da cidadanía? Malia os proxectos estratéxicos que están en marcha, Castrillo sabe que a situación do tráfico e das obras están provocando un gran enfado porque se sofren a diario. O alcalde cre que non hai máis solución que sacar vehículos do centro. E para iso, propón a construcción dun anel arredor do casco urbán. Consiste nun túnel por toda a franxa litoral (o arquitecto Pantaleón fará o proxecto para unir a rúa Coruña con Bouzas) enlazado co segundo cinto (que comezará o próximo ano). ¿Outra teima? A mellora dos servicios municipais.
06 oct 2000 . Actualizado a las 07:00 h.O tráfico e as obras están ocupando boa parte do tempo do alcalde. _Hai un cabreo xeneralizado pola proliferación de obras por tódalas esquinas desta cidade. ¿É vostede consciente? _Sí, son consciente. Nós podíamos optar pola opción de que non se faga ningunha obra, pero a cidade en moi pouco tempo carecería de servicios que xa terían outras. Sería a solución populista e demagóxica, pero é imposible de soster. Outra solución é racionalizar e controlar ó máximo todas as obras que se fagan. _¿Que está facendo o goberno para evitar a situación? _Ven facendo ofensivas. A última é que vamos a reforzar a inspección de obras, cun sistema externo que contrateremos a final de ano. Nos permitirá controlar a execución e os prazos. E tamén buscamos unha maior coordinación entre os departamentos implicados. O ano que vén reforzaremos esa actuación cun programa de información municipal sobre as obras que se van a realizar e de que maneira. Facíase así cando gobernábamos en solitario e interrumpiuse co goberno de coalición. _O caso é que circular agora mesmo por Vigo é todo unha aventura. _Con obras ou sen obras, a cidade non pode soportar a volumen de vehículos que hai actualmente. O parque móbil de Vigo pasa diariamente polo centro nunha porcentaxe moi alta. O centro non pode soportar tanto tráfico haxa párkings ou non. Estou convencido de que hai que ir a unhas solucións moito máis estratéxicas e ambiciosas. _¿E cales son? _Rematar un anel de circunvalación arredor de Vigo que permita que os vehículos poidan ir por el e acceder ó centro por algún lugar. Iso é o segundo cinto e a ronda litoral. A ronda litoral xa a vamos a continuar coa prolongación do túnel de Beiramar polo Areal, e falamos co arquitecto para facer un terceiro, que sería da rúa Coruña a Bouzas. Por outra banda, estamos a traballar con Fomento no segundo cinto e espero que a final de ano teñamos proxecto para traballar en tempo real. _¿Vai comezar a construcción dunha vez por todas? _As obras teñen que comezar o ano que ven. Eu entendo que non hai ningunha razón para que non foxe así. Esas infraestructuras son vitais, porque eliminarían o tráfico. _¿Hai máis medidas? _Logo, hai que considerar o centro como unha zona dedicada máis ó peatón e ó transporte público. Temos abaratado o transporte público e, en poucos días, presentaremos unha nova remesa de vehículos de Vitrasa. Ademais imos introducir un cambio na forma de pagar no autobús, que será a tarxeta electrónica. Con ela haberá modalidades de abaratamento do transporte público e modalidades que permitan maior versatilidade, como o billete de transferencia para cambiar de autobús nun desprazamento. _Alcalde, ¿vaise facer o aparcamento soterrado de Urzáiz? _O párking vaise facer, entre outras cousas porque os costes de non facelo serían maiores. O resarcimento do contrato suporía uns costes para o Concello. Por outra banda, non hai ningún informe técnico que nos diga que esa obra sería unha hecatombe. Todos apuntan a problemas que hai que correxir.