17 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Desde a mesma páxina de inicio, os usuarios poderán acceder en breve á información meteorolóxica, que ofrecerá a cadea cada 60 minutos cando comece as súas emisións. V Televisión é a primeira canle galega en contar coa tecnoloxía Wirtz, que permite utilizar en tempo real gráficos en 2D e 3D. Os internautas poderán aprezar a calidade deste sistema tamén na páxina web, grazas aos vídeos que se envorcarán nela. Estúdase amais que os usuarios da páxina web de V Televisión poidan seguir todas as novidades da cadea desde o escritorio do ordenador a través dun «widget», unha sinxela aplicación gratuíta que avisa, de xeito rápido e cómodo, cada vez que se publican novos contidos na páxina.